Redacción . Recalcou que só son solidarios cos presos e tivo palabras de apoio para o resto dos detidos, entre eles o coruñés Carlos Seoane.
Benvida a José Luis Fernández "Che"
Despois da mobilización familiar e social para reunir os 12.000 euros reclamados de fianza, o antigo membro dos GRAPO José Luis Fernández “Che”, que se atopa en cadeira de rodas por un disparo da Policía, regresou na tarde do sábado a Vigo, onde estaba organizada unha concentración “para recibilo como merece”.
Á súa chegada, fixo un chamamento pola amnistía total e resaltou que non existen probas contra el nin contra o resto dos detidos, entre eles o coruñés Carlos Cela Seoane. Así, tivo palabras de apoio para a súa nai, Josefa Seoane “Pepita”, que ve agora como os seus tres fillos están na cadea.
Nas declaracións ante o xuíz Grande Marlaska, todos os detidos negaron pertencer aos GRAPO. Só son solidarios cos presos, o que semella ser obxecto de persecución nos últimos tempos, segundo sinalan diversos colectivos de defensa dos dereitos humáns.
Descargar Tarifas