Europa Press . O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, rexeita que a sentenza do Tribunal Supremo -que nega o dereito dos pais a elixir a lingua na que escolarizar os seus fillos- choque coa consulta realizada pola consellaría de Educación sobre o idioma no que impartir as clases.
Dende o seu punto de vista, o que fai o Supremo é "axuizar unha lei e, polo tanto, un dereito", mentres que na consulta os pais "expresaron unha vontade". Por esta razón, Ruíz Rivas considera que non existe contradición entre o fallo e a consulta que fixo a Xunta antes do verán. Ademais, asegura que a sentenza “lle dá a razón ás leis de normalización lingüísticas" impulsadas polos gobernos do PP, en relación á época de Manuel Fraga. Do mesmo xeito, o portavoz popular estima que “vai en contra” de rachar coa harmonía lingüística, algo que na súa opinión fixo o bipartito. "Asumo de bo grao a sentenza", aseverou.
Manuel Ruíz Rivas, portavoz do PP no parlamento galego.
Descargar Tarifas