PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Educación insiste en que o decreto estará a finais de ano
Xesús Vázquez: 'A sentenza do Supremo non condiciona o novo decreto'

Europa Press O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, considera que o borrador do novo decreto do galego no ensino que está a elaborar a Xunta non se verá condicionado pola sentenza que acaba de ditar o Tribunal Supremo, na que rexeita a existencia de 'discriminación por razón de lingua'.

Reloxo 17.11.2009 | 16:00

Xesús Vázquez, conselleiro de Educación Xesús Vázquez, conselleiro de Educación. Pepe Ferrín / AGN

"É unha sentenza que non lle afecta o decreto que prepara o Goberno dentro da máis estrita legalidade, non modifica ningunha cuestión respecto ao decreto da Xunta", manifestou o conselleiro tras matizar que descoñece na súa totalidade a sentenza e que o próximo borrador respectará a lexislación vixente en Galiza.

Sobre o pronunciamento do Tribunal que negou "discriminación por razón de lingua" no sistema educativo galego a raíz do decreto vixente, Vázquez recordou que a actual Xunta non está facendo nada que antes non fixera o anterior Goberno autonómico.

"No 2007 entenderon que era necesario cambiar un decreto, e nós entendemos que no 2010 é necesario ter en marcha un novo decreto", aclarou o Conselleiro, quen considera o próximo borrador como unha forma distinta de entender a convivencia lingüística en Galiza.

"Entendemos que temos que dar unha resposta á cidadanía, e nese sentido estamos traballando", subliñou Xesús Vázquez tras reiterar o compromiso de que o novo decreto sobre o galego estará listo antes de que acabe o ano.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río