PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
NA VÉSPERA DO 'CONTRADECRETO' DO PP
Nova sentenza do Supremo a prol do galego no ensino

Redacción .  O castelán non está discriminado no ensino. Este é un dos argumentos que usa o Tribunal Supremo para rexeitar que, como pedía unha familia viguesa, os pais escollan a lingua na que se educan os seus fillos.

Reloxo 17.11.2009 | 08:29

Fotografía da manifestación do 18 de outubro Fotografía da manifestación do 18 de outubro. Paco Vilabarros "Toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios", argumenta o xuíz.

Difícil situación para a Xunta do PP

A sentenza ten unha enorme importancia política en Galiza. E é que a Consellaría de Educación está a ultimar estes días a proposta de decreto coa que derrogará o texto aprobado polo bipartito.

Lei que agora sae reforzada mentres deixa sen argumentos a aqueles que, como a cúpula do PPdeG, denunciaron a imposición do idioma nos centros. Precisamente o Supremo pronunciouse por unha denuncia dunha familia do colexio 'Los Sauces' de Vigo que pretendía que o seu fillo estudase todo en castelán, petición que denegou a administración autonómica.

Feixóo prometeu a “libre elección lingüística”

O xuíz argumenta que nin a Constitución nin a Declaración dos Dereitos Humanos facultan os país para escoller a lingua de estudo dos seus descendentes.

Cómpre lembrar que o PP no seu programa prometeu un “bilingüsimo integrador” baseado no “dereito da libre elección lingüística”. Promesa que AlbertE Nuñez Feixóo se comprometeu a cumprir en 100 días derrogando o texto do bipartito.

Porén, os conservadores seguen a ultimar a súa proposta de reforma legal. Xesús Vázquez, conselleiro de Educación, dixo que a presentaría este ano e que se aplicaría no próximo curso. A actual norma só fixa un mínimo do 50 por cento de materias na lingua propia do país.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río