PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
RENOVACIÓN DO CONSELLO DO AUDIOVISUAL
A TDT galega quere entrar en Asturias e Castela

Manuel Vilas Novas licenzas de radio dixital, 'evitar o exceso de propaganda' e espallar o sinal da televisión dixital terrestre autonómica as áreas fóra do país que falan galego son algúns dos asuntos que abordou hoxe o Consello Galego do Audiovisual nunha inhabitual sesión.

Reloxo 16.11.2009 | 12:41
TAGS: tdt , feixóo , cabaleiro , radio , medios ,

Feixóo presidiu o Consello do Audiovisual Feixóo presidiu o Consello do Audiovisual. Conchi Paz Esquerda   1 / 2  Dereita   Era a primeira vez en catro anos que a Xunta convocaba ao Consello, síntoma do delicado que resulta para os políticos gobernar nas materias que teñen que ver cos medios de comunicación.

Alberto Nuñez Feixóo aproveitou para deixar caer entre liñas algunhas das claves que tentará aplicar aos medios nunha época de crise. Entre elas, “evitar o exceso de propaganda” mediante a Lei de Publicidade Insitucional.

As mesmas promesas que Touriño

A Lei comezouna a tramitar o bipartito pero, ao igual que a da CRTVG, non quixo ou puido concretar. Feixóo fixo esta mañá en Santiago moitas das mesmas promesas de Touriño hai catro anos.

No referido ás sempre polémicas subvencións aos medios, referiuse a “unha Lei para regular e facer transparentes os investimentos das administracións”. Sobre a CRTVG prometeu dar “carácter normativo” ao nomeamento do director “dando o protagonismo ao Parlamento”, o mesmo compromiso que incumpriu o seu antecesor. Feixóo non fixou prazos para ningunha destas medidas.

TDT galega fóra da autonomía

Tampouco o fixo para espallar o sinal da TDT autonómica máis alá das fronteiras galegas. Asegurou que “estamos estudando para que se poida estender este servizo se poida estender a parte de Asturias, o Bierzo e Sanabria”.

De concretarse a tentativa, significaría que polo menos dúas das canles dixitais da TVG (e posibelmente as de Cope e La Voz de Galicia, que comparten múltiplex co ente público) chegarían a zonas nas que se fala galego máis alá da autotomía. Unha medida sorprendente no PP, sempre suspicaz coa promoción do idioma en territorios nos que non é oficial.

Segundo Europa Press, o compromiso oficializado hoxe responde ás demandas efectuadas repetidamente por asociacións en defensa do galego de zonas limítrofes como Fala Ceive do Bierzo, que sitúan, nalgúns dos seus estudos, a preto de 50 municipios de Asturias e Castela e León dentro da área lingüística galega, cuns 75.000 cidadáns galego falantes.

Moratoria para as TDTs privadas?

Feixóo tamén aludiu ao probábel retraso da TDT privada local e autonómica. A menos de seis meses do apagamento analóxico, a maioría das 48 concesionarias seguen sen traballar e os máis de 1.500 empregos que prometeron crear están no aire.

Entre liñas, o líder conservador apuntou a unha posíbel moratoria para os compromisos de investimento. Así, aludiu a unha “situación da reformulación dos mercados e da conseguinte dos plans de negocio” por mor da crise e dos “problemas de antenización”.

Concurso para a radio dixital

Ante un cento de representantes de gran parte dos medios e das empresas de telecomunicacións do país, o presidente dixo que as licenzas de radio dixital terrestre “serán convocadas mediante concurso público para a súa adxudicación”.

A nova comisión permanente do Consello estará presidida polo secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río