M. V . Ante a denuncia de que Cultura incluíu entre os grupos que promoverán a imaxe musical de Galiza en Buenos Aires a banda madrileña Vetusta Morla, o departamento que dirixe Roberto Varela esgrime que a produtora da banda de Tres Cantos (Madrid) si é galega.
Cuestionada pola presenza dunha banda foránea na selección presentada hoxe por Roberto Varela, apuntan que a axencia de contratación de Vetusta Morla si é galega. Trátase de 'La Fabrica de Chocolate', produtora radicada en Vigo e que tamén levará a Buenos Aires o coruñés Xoel López. O ex-líder de Deluxe e Vetusta Morla darán varios concertos e firmarán discos no marco da presenza oficial da Xunta, segundo indica o Goberno nun comunicado. Carlos Núñez, Aló Irmao e Uxía son os outros artistas convidados polo Executivo Galego á feira sudamericana dende o 19 de novembro, segundo presentou este venres o conselleiro Roberto Varela.
Cabeceira do cartel da Xunta para o BANIF
1 / 2
Descargar Tarifas