PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O PLAN DE ACUICULTURA SEGUE PARADO
Feixóo presume dun desbloqueo acuícola irreal

Manuel Vilas A pioneira planta de orella de mar en Muros foi tramitada e subvencionada polo bipartito. Porén, o líder conservador aproveitou hoxe a concesión de axudas á granxa para presumir de que 'pasamos a páxina en branco destes catro anos'.

Reloxo 12.11.2009 | 15:55

Orellas de mar Orellas de mar Esquerda   1 / 2  Dereita   Alberte Nuñez Feixóo presumiu hoxe de poñer “punto e final ao parón acuícola”. O presidente da Xunta referíase a aprobación no Consello de hoxe das axudas para a primeira granxa de orella de mar en Galiza.

O DOG desmente a Feixóo

Malia que o mandatario asegura que con esta decisión “iniciamos a recuperación do tempo perdido” e “pasamos a páxina en branco destes catro ano”, o certo é que a piscifactoría de Muros non é parte do Plano de Acuicultura e, ademais, foi tramitada polo bipartito. Así o proban as resolucións do DOG.

No 2006 aprobouse o informe de impacto de ambiental e o proxecto sectorial. No 2007, o Goberno deulle subvencións para I+D. En abril deste ano, aínda co PSdeG á fronte da antiga Consellaría de Pesca, o Executivo aprobou a concesión de actividade.

Todo isto foi posíbel porque a planta de Muros non forma parte do polémico Plano Acuícola, iniciado pola Xunta do PP e limitado polo bipartito. Un proxecto que agora está a reformar de novo o Executivo de Feixóo, despois de ser detido por unha sentenza do TSXG.

SUBVENCIÓN DE CASE O 60% DO INVESTIMENTO
GMA naceu da Universidade e prometeu ao Goberno crear 63 empregos directos e indirectos
A planta de Muros é un proxecto pioneiro no país. É inciativa de Galician Marine Aquaculture (GMA), S.L, unha 'spin-off' da Universidade de Santiago de Compostela constituída por catro investigadores en 2003. Esta firma gañou o premio de emprendedores da USC no 2006.

O obxectivo é producir e vender orella de mar –tamén coñecido como abalón–, moi apreciada no mercado asiático, en especial no Xapón e na China.

A planta é quen de abastecerse das crías de abalón

A Xunta achegará case o 60 por cento do investimento grazas aos fondos da Unión Europea. Son máis de 3,4 millóns de euros de subvención. A firma dispón perto de Muros dun terreo de 25.000 metros cadrados para a produción deste molusco. Na nova planta farase todo o proceso produtivo desde a cría, pasando polo engorde e terminando co envasado.

Para dar a subvención, o bipartito publicitara que se ían crear “entre 69 postos de traballo entre directos e indirecto” . “Chegar a unha produción de 243 toneladas de orella de mar por ano, que se incrementarán en anos vindeiros” era o obxectivo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río