Redacción . A Asociación de Centros Homologados está a organizar xornadas de software libre por distintos puntos de Galiza. O venres 13 e sábado 14 de novembro rematará esta serie de xornadas no Gran Hotel de Lugo.
Presentación do Galinux, o Linux que fala galego.
Estas xornadas, que foron denominadas como “Consume software libre, consume software seguro”, dividiranse nun relatorio titulado Software libre e seguridade durante a tarde do venres e a celebración dun obradoiro teórico-práctico sobre software libre en galego durante a mañá do sábado. Segundo explica o centro da Xunta a prol dos programas abertos, Mancomun.org, os asistentes recibirán copias de balde do sistema operativo libre en galego Galinux. O evento conta co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Rexional.
Descargar Tarifas