PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Carlos Sastre foi o gañador individual
O Xacobeo Galicia gaña por equipos o Campionato ACP

Redacción .  O Xacobeo Galicia pechou a tempada gañando a contrarreloxo por equipos do Campionato da Asociación de Equipos profesionais, celebrado na localidade leonesa de San Andrés de Rabanedo.

Reloxo 10.11.2009 | 12:33

Os ciclistas do Xacobeo nun entreno Os ciclistas do Xacobeo nun entreno. Xacobeo Galicia

Foi precisamente a contrarreloxo por equipos a proba encargada de iniciar a décimo sexta edición do Campionato ACP, que se disputou en varias series con saídas de meta e contrameta. Cada formación estaba composta por tres corredores.

O Xacobeo Galicia formou con Gustavo C. Veloso, Carlos Castaño e David Ferreiro e tocoulle medirse en primeira instancia co Astana. Os dous equipos con mellores tempos de todas as series disputaban unha final, e estes foron o Xacobeo Galicia e o Caisse D`Epargne. Resultando gañador o conxunto galego.

As outras dúas carreiras do programa foron gañadas por Carlos Xastre (Cervelo) e Samuel Sánchez (Euskaltel-Euskadi), con vitoria na xeneral final para o abulense. Nestas dúas mangas o Xacobeo Galicia contou tamén co concurso de Gustavo Domínguez.

O XVI Campionato da Asociación de Ciclistas Profesionais tributou homenaxe a Federico Martín Bahamontes, primeiro español gañador do Tour de Francia, e constituíu o último compromiso para os ciclistas Xacobeo Galicia dunha tempada que estivo marcada no plano colectivo polo seu triunfo por equipos na Volta a España e a participación no Giro do Centenario.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río