PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
O VI Encontro Internacional de Pandeiros esta semana en Pontevedra
Escaparate de pandeiros de man

Redacción .  Entre os días 11 e 14 de novembro Pontevedra acollerá a sexta edición do 'Encontro Internacional de Pandeiros de Mao', DUF' 09. Este ano o país convidado é o Brasil.

Reloxo 09.11.2009 | 13:24

Pandeireta Pandeireta. Regueifeiro (Flickr)

O Concello de Pontevedra, Central Folque e o Centro Galego de Música Popular organizan o VI Festival Internacional de Pandeiros de Man (adufe, pandeireta, pandeiros, bendir, rij, duff...) entre os días 11 e 14 de novembro en distintas localizacións da cidade.

A Praza do Teucro, o Museo de Pontevedra e o Teatro Caixanova serán os lugares nos que se desenvolvan as actividades deste encontro no que se amosaralle ao público un amplo número de actividades relacionadas con este tipo de instrumentos.

Nesta ocasión o país protagonista vai ser o Brasil, cultura que recibiu o pandeiro dos colonizadores portugueses dende o século XVI e que adaptou o instrumento ao seu xeito e tradición musical.

O programa conta coa presenza de Marcos Suzano, Carlos Núñez, Renato Spencer, Con canto Donaire e actividades varias como a Haima DUF, Fai o teu pandeiro!, un Serán Urbano, actividades para nenos e de asociacións árabes e brasileiras.

Os organizadores aspiran a ofrecer actividades para o público especializado e xeral.

Programa

Mércores 11 de novembro

20h00 Museo de Pontevedra. "Alborada do Brasil" coloquio con Carlos Núñez

Venres, 13 de novembro

16h00  Praza do Teucro. Apertura Haima DUF: Batuke brasileiro co Bloquinho da Salgueira, artesanía musical, actividades infantís, feira de artesanía musical, postos de asociacións de colectivos de inmigrantes árabes e brasileiros.

21h00. Teatro Caixanova. Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire

Sábado, 14 de novembro

10h00. Museo de Pontevedra Master Class con Marcos Suzano. Técnica de pandeiro brasileiro/ Fai o teu pandeiro! con Carlos do Viso. Construción dun adufe.

12h00. Haima DUF. Ao encontro de... Renato Spencer. Concerto didáctico

17h00. Haima DUF. "Tan iguais, tan diferentes". Reunión con mulleres brasileiras, galegas e árabes.

18h00. Haima DUF. Exhibición de capoeira co grupo Arte Negra

20h00. Haima DUF. Serán Urbano

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río