PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Operación da Audiencia Nacional
A familia de "Che" mobilízase para reunir a fianza

E. P Para que poida regresar a casa canto antes, a familia de José Luis Fernández mobilizouse para reunir os 12.000 euros de fianza.

Reloxo 25.01.2008 | 20:06

A familia e os achegados de José Luis Fernández González, detido en Vigo o pasado mércores pola súa presunta relación co GRAPO, mobilizáronse esta tarde para reunir os 12.000 euros de fianza impostos polo xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Grande-Marlaska, como condición para que non ingrese en prisión.

O maxistrado decretou o ingreso en prisión de Fernández, e dos outros catro detidos o pasado mércores en diferentes provincias pola súa presunta vinculación ao GRAPO, aínda que no caso do "Che", pode eludir o cárcere debido ao seu estado de saúde, xa que é parapléxico como consecuencia dun disparo recibido nunha persecución policial en 1980.

A muller e a filla do detido vigués coñeceron a resolución do xuíz en Madrid, a onde se desprazaron onte pola noite, e comezou a mobilizarse para reunir o diñeiro "a contra reloxio", co fin de que Luis pode volver á casa canto antes", segundo explicou a filla do imputado, Iria Fernández Pérez.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río