PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Di que o decreto do galego está en fase de valoracións
Lorenzo admite a preocupación da sociedade respecto á lingua tras o 18-O

Europa Press O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, admitiu hoxe que, tras a manifestación en defensa do idioma do pasado 18 de outubro, o seu departamento recibiu 'a mensaxe' de que parte da cidadanía está 'preocupada polo presente e o futuro da lingua galega'.

Reloxo 05.11.2009 | 13:10

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. AGN En declaracións a entrevista na TVG recollidas por Europa Press, Lorenzo sinalou que, ante esta situación, a Xunta remitiulles unha carta aos organizadores –a plataforma cidadá “Queremos Galego”– invitándoos a celebrar un encontro para que "expliquen" que medidas do actual Executivo autonómico consideran que inciden nunha "desprotección" da lingua. "Até agora non obtivemos resposta, estou á espera de que eles contacten".

Neste sentido, afirmou que desde a sociedade "hai diferentes formas de entender a política lingüística", polo que será necesario ser "conscientes das opinións" dos diferentes sectores e intentar "recoller todo ese conxunto".

“Fuxir do localismo”

Preguntado sobre a polémica dos topónimos deturpados, o responsábel autonómico fixo un chamamento a "fuxir do localismo e ter unha enorme responsabilidade", polo que negou un "debate sobre os topónimos" no ámbito autonómico. "Os nomes dos lugares teñen unha razón de ser, non son aleatorios nin nacen por capricho de ninguén", sinalou. "Visto desde o meu punto de vista son un patrimonio", aclarou.

En contraposición, erixiu medidas como a próxima posta en marcha da Rede Local de Dinamización Lingüística ou programas para "conseguir maior comunicación en lingua galega", como o caso de Bocaberta ou os Encontros dous Axouxeres, que inciden na transmisión familiar e na súa promoción en idades temperás.

O decreto do galego no ensino, en fase de valoracións
Doutra banda, avanzou que o borrador do novo decreto do galego no ensino "está en fase de valoración" e que, “en próximas semanas", empezarán a "polo sobre a mesa ante as forzas políticas e os axentes sociais", par conseguir "o maior consenso posíbel". "O compromiso é poder telo antes de final deste ano para poder ser posto en marcha no curso 2010-2011".

Respecto dos seus contidos, reiterou que o seu departamento opta "por un modelo no que se garanta unha competencia similar en ambas as linguas" aínda que, ao mesmo tempo, "regule, no ámbito do ensino universitario, a impartición de contidos en linguas estranxeiras". "Que Galiza aposte por un modelo trilingüe", dixo.

Finalmente, pediu "traballar de forma coordinada, conxunta" entre as diferentes administracións e organizacións sociais para "fomentar un marco de cordialidade e de equilibrio", ademais "dunha xestión moito máis implicada cos axentes sociais".
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río