PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
GRAZAS Á 'ORIxinalidade' DA SÚA PROPOSTA
Unha axencia madrileña fará os anuncios do Xacobeo

Manuel Vilas Malia que 16 das 24 candidatas eran do país, finalmente será unha axencia madrileña quen realice a creatividade da campaña de publicidade do Xacobeo de 2010. Trátase da axencia Ruiz Nicoli Líneas S.L., compañía que traballou, entre outros grandes clientes públicos, para a Comunidade de Madrid e o Ministerio de Sanidade.

Reloxo 05.11.2009 | 06:55
TAGS: Xacobeo , publicidade ,

. Flickr: Fresco Tours

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Ruiz Nicoli recibirá máis de 543.000 euros polo seu traballo. A súa oferta económica rebaixa os 625.000 do máximo inicial fixado pola Sociedade Anónima do Xacobeo.

Con todo, a clave da vitoria desta axencia non foron os cartos, senón a “orixinalidade” da súa proposta, concepto que puntuaba a metade do concurso. A Xunta outorgoulle 45 puntos en “orixinalidade”, fronte aos 34 da segunda clasificada e 26 da terceira, segundo figura na táboa de valoración de ofertas.

Sorpresa entre as axencias publicitarias galegas

No sector da publicidade galega ten sorprendido moito que a Consellaría de Cultura, de quen depende o Xacobeo, non confíe nunha axencia do país para este importante contrato.

Polo contrario, é unha compañía galega, Plexus S.L., quen gañou a polémica reforma de Xacobeo.es por máis de 200.000 euros. Para ese concurso Cultura determinou que a empresa adxudicataria debera ter unha sede en Santiago, segundo informou o portal Prnoticias, requisito que non incluíu na adxudicación da campaña de publicidade.

As axencias galegas agardan que coa próxima convocatoria dos concursos de relacións públicas e planificación de medios parte dos cartos que se dedican a promocionar o Ano Santo fiquen no país.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río