PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Nin as versións oficiais de OpenOffice e Gnome
A Xunta xa non controla o Firefox en galego

Manuel Vilas As dúbidas sobre Mancomun levan os activistas do software libre galego a traballar á marxe do Goberno. Un membro da plataforma G11n consegue o recoñecemento internacional como responsábel da galeguización dos principais programas libres: o navegador Firefox, o paquete de oficina OpenOffice.org e o entorno gráfico GNOME.

Reloxo 05.11.2009 | 09:00

Firefox en galego Firefox en galego

G11n non é unha nova organización, senón unha plataforma para ofrecerlles os recursos aos que queiran traballar no software libre galego”. Son palabras de Alexandre Prieto, voceiro deste novo colectivo que naceu para que non se perdan os avances logrados no software libre galego nos últimos anos.

Prieto explica que “co cambio de Goberno quedou claro, vistos os despedimentos e os orzamentos, que Mancomun.org ficará só como un páxina web de noticias, polo que temos que reorganizarmos”.

Mozilla e Sun xa non recoñecen a Xunta como coordinadora

Nesa reorganización inscríbese o cambio da titularidade oficial da galeguización dos programas libres. A fundación Mozilla (responsábel do Firefox), Sun Microsystems (responsábel do OpenOffice) e o proxecto Gnome xa non recoñecen como representante oficial a Xunta senón a Suso Baleato, un dos membros máis implicados na plataforma.

Dende G11n explicase que deste xeito evítase que, ante as dúbidas mostradas polo Goberno neste asunto, as traducións ao galego de programas abertos fiquen sen recoñecemento internacional, tal e como pasou durante media década co Firefox.

De feito, as novas versións en galego deste navegador, que xa usa máis do 20 por cento dos internautas, e do OpenOffice.org xa están “no forno”.

Iso si, os activistas insisten unha e outra vez en que “o proxecto está nacendo” e que G11n está aberto a participación de todos. Polo de agora, xa son unhas cincuenta persoas as que colaboran.

Implicación da Ciberirmandade

Fano a través de dous servidores de gran capacidade, listas de correo, unha wiki que comezará a funcionar proximamente, un servidor web, un repositorio para os códigos e foros.

O custe destas ferramentas calcúlase en 5.000 euros para dez anos. Polo de agora os cartos saíron de donativos dende a Ciberirmandade (a comunidade virtual de activistas a prol do galego na informática) e de achegas dos propios voluntarios.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río