PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Investigación urbanística na provincia
Varios concellos de Lugo baixo sospeita

Europa Press A xuíza que leva o caso de suposto tráfico de influencias en Castro de Rei investiga outros concello da provincia de Lugo. Este luns chamou a declarar a vicepresidenta segunda da Deputación provincial, Lara Méndez, para recabar información sobre procesos de adxudicación de obras en municipios de diversa cor política.

Reloxo 02.11.2009 | 19:02

Xosé Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación. AGN

A xuíza Estela San José, a mesma que leva a causa por supostas irregularidades na adxudicación de obras no Concello de Castro de Rei, acabou sobre as 17h30 de recompilar información no edificio administrativo do Fogar de Santa María, onde teñen a sede o Instituto Lucense para o Desenvolvemento Económico e Social (Inludes) e o departamento de Vías e Obras.

Unha vez concluído este labor, a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e dous técnicos provinciais acompañaron a maxistrada para prestar declaración, pero non en calidade de retidos. O presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro, confirmou en declaracións aos medios que non lle constaba “ningún tipo de detención”.

Segundo fontes provinciais, a xuíza solicitou información e documentación relacionada con concellos da provincia de diversa cor política e co departamento de Vías e Obras a partir do 2006, cando a Deputación de Lugo aínda estaba gobernada polo PP.

Desde as municipais do 2007, o ente provincial está dirixido por unha coalición entre PSdeG e BNG, de xeito que os socialistas xestionan a presidencia e a vicepresidencias segunda e os nacionalistas, a primeira e a terceira.

Dende que comezou ás 11h00 da mañá o rexistro nas dependencias administrativas do Fogar de Santa María, o presidente da Deputación provincial quixo deixar claro que está a ofrecer “a máxima colaboración” na investigación. Besteiro incluso suspendeu unha viaxe de traballo á Arxentina por esta causa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río