Redacción . Correa e Crespo organizaban as viaxes de gran parte da cúpula conservadora. Na contabilidade 'B' destes desplazamentos figura un pago en diñeiro negro a un vogal actual do PP galego.
O PP alega que foi un regalo do Partido O PP non negou o núcleo da información. Voceiros do partido explican, iso si, que a viaxe foi "un agasallo do PP a Raxoi" tras a inesperada derrota electoral despois dos atentados do 11-M. "A viaxe foi encargado á axencia de Correa probabelmente por orde do tesoureiro ou do xerente", cargos que no 2004 ocupaban Álvaro Lapuerta e Luís Bárcenas, respectivamente. As fontes próximas a Correa aluden a que nin Raxoi nin o PP nunca abonaron a factura da viaxe, da que non se fala na parte do sumario públicada até agora, que so é unha terceira parte. "Non sabemos se Pasadena cobroulle esa viaxe ao PP, pero se non enviou a factura o problema é da axencia, non noso", indican as fontes do PP citadas por elconfidencial. O diario insiste en que o PP non pode amosar a factura pagada da viaxe pois non existe. Pago en negro a un vogal actual do PP galego Pasadena S.L é unha das empresas clave na presunta financiamento ilegal dos conservadores. Segundo a parte pública do sumario, boa parte da cúpula dirixente do PP beneficiouse dos servizos desta empresa que xestionaba Pablo Crespo (ex-número 3 do PP galego). De feito, na memoria portátil incautada ao contábel do grupo, José Luís Izquierdo, figura un pago en diñeiro negro a Arturo González Gil, vogal da emigración na Executiva que dirixe Alberte Nuñez Feixóo. O pago en 'B' tamén se produciu no 2004, cando este empresario era presidente do PP na Arxentina. Segundo a declaración de Crespo, a trama pagoulle ao vogal do PP galego para compensarlle por algún gasto de viaxe doutro dirixente 'popular', que non quixo ou non puido identificar.
Arturo González Gil, á esquerda, nun mitin con Raxoi en Arxentina
A rede Gürtel pagoulle ao líder do PP estatal, o pontevedrés Mariano Raxoi, e á súa familia unhas vacacións nas illas Canarias en marzo do 2004 a través da empresa Pasadena S.L. Así o afirman fontes próximas ao número un da trama, Francisco Correa, segundo unha noticia que adianta elconfidencial.com e da que xa se fixeron eco algunhas televisións como Cuatro.
Descargar Tarifas