Redacción . A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e dous técnicos do Instituto Lucense para o Desenvolvemento Económico e Social (Inludes), dependente do organismo provincial, declararon en relación coas supostas irregularidades urbanísticas en Castro de Rei.
Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, prestaron declaración despois de que a titular do xulgado de instrución número tres de Lugo, Estela San José, requirira documentación, relacionada con expedientes de obras en diversos concellos da provincia. A Deputación de Lugo asegura estar a disposición das autoridades para aportar toda a información precisa. O Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo é o que leva a investigación sobre supostas irregularidades na contratación de obras do Concello de Castro de Rei, pola que foron detidos e imputados o alcalde, o socialista Xoán Xosé Díaz Valiño, e tres concelleiros -dous do PSdeG e un de TeGa-. Ademais, a titular deste xulgado foi tamén a encargada da instrución sobre o suposto sobresemento irregular de multas de tráfico en Lugo, que conduciu á dimisión do subdelegado do Goberno, Xesús Otero, e do director provincial de Tráfico, Xulio González.
Lara Méndez nun acto no Pazo Provincial de Lugo.
Descargar Tarifas