PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Polo caso de Castro de Rei
Solicitan documentación no Inludes, organismo dependente da Deputación de Lugo

Europa Press A titular do xulgado de instrución número tres de Lugo, Estela San José, a mesma que leva a causa relacionada con supostas irregularidades na adxudicacións de obras no municipio lucense de Castro de Rei, requiriu documentación ao Instituto Lucense para o Desenvolvemento (Inludes), dependente da Deputación de Lugo.

Reloxo 02.11.2009 | 15:02

Pleno da Deputación de Lugo Pleno da Deputación de Lugo Unha técnico e a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, foron os encargadas de levar a documentación requirida até o xulgado, segundo confirmaron fontes da institución provincial, que con todo, aínda non aclararon cal é o tipo de información requirida e se está relacionada coa causa aberta en Castro de Rei.

O Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo é o que leva a investigación sobre contratación de obras do Concello de Castro de Rei, pola que foron detidos e imputados o alcalde, o socialistas Xoán Xosé Díez Valiño, e tres concelleiros –dous do PSdeG e un de TeGa–.

Ademais, a titular deste xulgado foi tamén a encargada da instrución sobre o suposto sobresemento irregular de multas de tráfico en Lugo, que conduciu á dimisión do subdelegado do Goberno, Xesús Otero, e do director provincial de Tráfico, Xulio González.

Apenas transcenderon datos sobre esta reclamación de documentación á Deputación de Lugo, aínda que si é perceptíbel por parte de membros do goberno provincial certo nerviosismo e desconcerto polas implicacións que poderían derivarse dos últimos movementos da maxistrada. En todo caso, a Deputación de Lugo destacou a súa "total predisposición" a colaborar en todo o que requira a xustiza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río