PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Os catro venres de novembro
Barbantia homenaxea a Anxo Rei Ballesteros

Redacción .  O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será o escenario no que se desenvolverán catro xornadas nas que a Asociación Cultural Barbantia homenaxeará o escritor Anxo Rei Ballesteros, finado hai un ano. As citas, previstas para o 6, 13, 20 e 27 de novembro, inclúen conferencias, exposicións, a entrega dos Premios Barbantia e a presentación da novela inédita do finado, 'A noite do moucho'.

Reloxo 02.11.2009 | 13:39

Anxo Rei Ballesteros Anxo Rei Ballesteros. X.C.

Un ano despois do pasamento de Anxo Rei Ballesteros a Asociación Cultural Barbantia réndelle unha homenaxe a este narrador e ensaísta excepcional da literatura galega contemporánea.

Durante os venres do mes de novembro o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá unhas conferencias e actos culturais que xirarán ao redor da figura de Rei Ballesteros.

A primeira destas citas, prevista para o venres 6 de novembro, incluirá a conferencia de Carlos Fernández baixo o título O home que disparaba contra os reloxios ás 21h00 e a presentación do ensaio Urda e Mundo, de Carlos Fernández de Anxo Rei Ballesteros, XXI Premio Ánxel Fole-Fundación Caixa Galicia.

O venres 13 de novembro As 20h00 Dores Vilavedra ofrecerá Os apuntes para unha contextualización de Dos anxos e dos mortos na narrativa galega contemporánea e ás 20h30 presentarase a novela inédita de Rei Ballesteros A noite do moucho coa presenza de Vítor F. Freixanes, director de Galaxia. Este acto estará seguido da presntación do libro artesán titulado O resto é silencio, con texto de Anxo Rei Ballesteros e gravados de Manuel Teira, editado pola colección Bourel que dirixe Antonio Piñeiro.

O 20 de novembro, o dramaturgo, actor, dramaturgo e tradutor, Manuel Lorenzo, impartirá a conferencia Teatro como exploración ás 20h30 e proxectarase un documental sobre o homenaxeado feito polos alumnos do EIS d'A Pobra do Caramiñal. A xornada finalizará cun coloquio ao redor da obra e vida de Rei Ballesteros na que participarán Carlos Santiago, Manolo Castelao, Jorge Sacido, Alberto Sacido, Manuel Teira e Andrés Esteban.

O 27 de novembro a homenaxe péchase coa presentación ás 20h30 do V Anuario de Estatutos do Barbanza, nesta ocasión adicado ao socio co-fundador Anxo Rei Ballesteros; a presentación do ensaio de Anxo A. Rei Ballesteros A flor de boca e a entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2009.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río