PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
ANTE A GRAVIDADE DAS ACUSACIÓNS
O ex-número 3 do PP galego seguirá preso polo 'Gürtel'

Redacción .  Tráfico de influencias e suborno. Estas son dúas das acusacións que o xuíz esgrime para manter en prisión a Pablo Crespo, antigo secretario de organización do PP galego e vogal de Portos de Galicia até 2005.

Reloxo 29.10.2009 | 18:27

Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga. Andrés Panaro / ANT O sumario recolle que a trama corrupta organizou (e cobrou parte do custe en negro) as campañas dos conservadores galegos até, polo menos, 2003. A documentación tamén proba que houbo pagamentos en 'B' a directivos do PP galego en 2005.

Este xoves a Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) rexeitou decretar a posta en liberdade provisional do ex secretario de organización do PP galego Pablo Crespo, o 'segundo' na trama 'Gürtel', pola gravidade dos delitos que se lle imputan.

Nun auto, o xuíz acorda desestimar o recurso de apelación interposto polo seu defensa contra o auto no que o pasado 28 de agosto o xuíz Antonio Pedreira denegou a súa posta en liberdade.

A Sala esgrime que as figuras delituosas recollidas na imputación, a confluencia nos delitos dun grupo de persoas, a continuidade delituosa e as penas ás que, segundo o Código Penal, podería chegar a ter que facer fronte Crespo "xustifican o mantemento da medida cautelar de privación de liberdade nos termos expresados".

O xuíz impútalle a Crespo os delitos de branqueo de diñeiro, fraude fiscal, tráfico de influencias, suborno, falsidade en documento público, oficial e mercantil, revelación de segredos e prevaricación.

Blanco Balín e Antoine Sánchez

O pasado martes, o xuíz acordou deixar en liberdade provisional baixo fianza de 600.000 euros ao curmán de Francisco Correa, Antoine Sánchez. Estimou que, no estado actual da causa, resulta procedente "a adopción de medidas menos gravosas para o dereito de liberdade".

Antoine era peza clave na estratexia que montara Correa para desvincularse das sociedades xestionadas desde o despacho de Ramón Blanco Balín, ex vicepresidente de Repsol. Segundo o sumario, o líder da trama quería apartarse con motivo das investigacións que iniciara a Fiscalía Anticorrupción nas oficinas de Blanco Balín.

Así, o curmán de Correa era titular dunha porcentaxe de capital das sociedades patrimoniais domiciliadas en España dividido en accións e titular das accións ao portador das sociedades situadas en paraísos fiscais ou territorios non cooperantes. Todo isto, co obxectivo de que fose o responsábel das sociedades cara ao exterior para desvincular a Correa de todas as actuacións.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río