Redacción . Josefa Seoane, nai dun dos detidos o mércores nunha operación contra presuntos membros do GRAPO, non descarta tomar medidas polas acusacións de ser “ideóloga” da formación.
En espera de que se vaian desenvolvendo as declaracións dos detidos (o primeiro foi o avogado Juan Manuel Olarieta), as familias dos dous antigos GRAPO galegos arrestados o mércores en Vigo e na Coruña están á espera en Madrid. Confían en poder falar con eles ao rematar a toma de declaracións na Audiencia Nacional, finalizado o período de incomunicación. Levaron poemas do seu fillo maior A persecución das forzas estatais polas súas actividades comunistas e antifascistas non os pilla de novas, tras ser obxecto de rexistros, entre outros lugares, no bar “Faluya” da cidade coruñesa. No rexistro do pasado mércores na súa vivenda, denuncia que chegaron a levar poesías escritas polo seu fillo maior.
Momento da detención de Carlos Cela.
A nai de Carlos Cela, Josefa Seoane (“Pepita”), ten claros os motivos polos que se activou a operación: “É porque están aí as eleccións e queren recabar votos”, afirma, moi dura coa persecución das forzas de seguridade. “Tiñamos algunha arma ou explosivos? Claro que non. Non somos terroristas, pero veñen a por nós mentres están en liberdade os verdadeiros delincuentes”, sostén.
Rexeita que ela ou o seu fillo pertenzan ao GRAPO, como si o están outros dous fillos -Jesús e José Francisco- que cumpren cadea por este motivo. “Estou moi orgullosa deles, que quede claro”, defende, e non descarta adoptar algún tipo de medidas polas acusacións verquidas contra ela de ser a presunta ideóloga dos GRAPO. “É de risa”, comenta.
Descargar Tarifas