PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Denuncia da Coordinadora de Equipos de Normalización
A programación escolar resentirase da redución do 20% en axudas á lingua

Redacción .  A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) alertou de que as programacións desenvolvidas ao longo do curso por estes departamentos en centros educativos se verán 'fortemente resentidas' no caso de aprobarse o actual proxecto de orzamentos da Xunta para 2010, ante 'a redución dun 20 por cento' que se contempla nas axudas a estes departamentos.

Reloxo 29.10.2009 | 07:00

Estudantes nun instituto Estudantes nun instituto. Paco Vilabarros Nun comunicado, a entidade lamentou que esta situación provocará a "supresión de actividades" desenvolvidas no calendario escolar, como edición de xornais; cursos de alfabetización en novas tecnoloxías e nos medios audiovisuais; talleres de teatro e expresión oral; proxectos de dinamización da lingua no ámbito local; ou programas educativos interescolares.

"Estas iniciativas buscan a mellora das diferentes destrezas lingüísticas do alumnado, e até do profesorado e das familias", incidiu a Coordinadora, polo que a redución "afectará negativamente" a "a competencia lingüística" dos estudantes; a "a proxección pública dos centros escolares e á súa programación extraescolar e cultural".

Finalmente, tras recordar outras medidas da Xunta "igualmente preocupantes" –atraso da convocatoria de axudas ao fomento do idioma no ensino; supresión de seminarios de dinamización lingüística para persoal docente–, explicou que "estas decisións interrompen unha dinámica de apoio" ao galego e "prexudica a formación do alumnado".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río