Europa Press . O alcalde do municipio de Castro de Rei, o socialista Xoán Xosé Díaz Valiño, foi trasladado aos xulgados lucenses para prestar declaración tras ser detido o pasado luns por supostos delitos de prevaricación e tráfico de influencias.
Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, o rexedor local pasou a disposición xudicial sobre as 10h15 para declarar ante a titular do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, Estela San José. Pola súa banda, os outros dous edís arrestados, un do PSOE e outro de Terra Galega, permanecen detidos en dependencias da Comisaría da Policía lucense á espera de pasar a disposición xudicial cando sexan citados. A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou este martes a liberdade sen fianza, pero con cargos e coa obriga de comparecer ante as autoridade xudicial cando sexa requirida, da concelleira socialista Ana Canto, detida tamén no marco deste operativo. A edil prestou declaración ante a maxistrada por espazo dunha hora tras pasar a noite anterior nos calabozos da comisaría de Lugo, onde aínda permanecen os seus compañeiros de corporación.
O alcalde de Castro de Rei tras selar o pacto local con BNG e TeGa.
Descargar Tarifas