PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
A crise dos medios chega á internet
Fecha soitu.es, medio pioneiro en xornalismo dixital

César Lorenzo Gil O 28 de outubro Soitu.es celebra o seu propio funeral. Seguindo coa doutrina de web 2.0 que os acompañou durante 22 meses, os traballadores do xornal dixital compartirán a despedida cos lectores.

Reloxo 27.10.2009 | 20:05

Derradeira portada de soitu.es Derradeira portada de soitu.es

Soitu.es foi o primeiro xornal en lingua española que apostou por dous conceptos que no seu momento eran moi novidosos: o periodismo puramente dixital sen a rede da tradición en papel ou noutra plataforma asentada e a nova xerarquía da actualidade que inspiraba a teoría da web 2.0.

Agora remata a súa andaina, que comezou a finais de decembro do 2007, tamén como primeira; neste caso a primeira empresa de contidos xornalísticos na rede con ideas 2.0 que sofre a labazada da crise publicitaria que abafa os medios de comunicación de todo tipo.

Soitu tiña un cadro de traballadores de ao redor de 20 profesionais e outros tantos colaboradores. O accionista maioritario da compañía era o BBVA, quen decidiu suprimir o proxecto aludindo dificultades de mantemento e viabilidade. O banco anunciou recentemente uns beneficios de 4.500 millóns de euros.

Tal e como explica o director na carta de despedida do xornal, Gumersindo Lafuente, Soitu apostou desde o primeiro momento polas novas tecnoloxías e as novas mensaxes. Creou unha rede social, deseñou widgets propios e tivo sempre presente ese novo modelo de xornalismo que entende a actualidade con outra xerarquía e se finca moito na interacción cos lectores.

Como as Noticias da 2

En Soitu non había apenas noticias de axencia e o día a día ollábase con máis relax, máis reflexión e maior atención aos temas humanos e sociais. Alguén o definiu como o equivalente na rede ao espazo La 2 Noticias. Ecoloxía, hábitos sociais e cultura pesaban máis que deporte-espectáculo, política ou economía.

A páxina web lograra máis dun millón de visitantes únicos e xa conseguira desenvolver unha rede social propia, Utoi, pensada a longo prazo para mudar radicalmente a maneira de comunicarse entre xornalistas e público.

Haberá que permanecer atentos para ver se a profecía dos creadores de Soitu: que o xornalismo debe cambiar máis que ningunha profesión para seguir existindo no futuro, se cumpre ou non. O 28 de outubro, ás 18h00 un millón de lectores en lingua española celebrarán o primeiro funeral dun medio autenticamente web 2.0.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río