PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Caso Castro de Rei
Liberdade sen fianza para Ana Canto

Redacción .  A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, Estela San José, decretou liberdade sen fianza pero con cargos e coa obrigación de comparecer ante as autoridades xudiciais cando sexa requirida á concelleira socialista de Castro de Rei, Ana Canto, detida onte xunto a outro edil do seu partido, un terceiro de Terra Galega e o rexedor local, Xoán Xosé Díaz Valiño.

Reloxo 27.10.2009 | 15:12

Entrada xudicial no concello de Castro de Rei Entrada xudicial no concello de Castro de Rei. Xosé Marra Esta edil, a primeira dos arrestados en pasar a disposición xudicial, prestou declaración ante a maxistrada por espazo dunha hora tras pasar a noite nos calabozos da comisaría de Lugo, onde aínda permanecen os seus compañeiros de corporación. Foi trasladada aos xulgados ás 12.00 horas, aínda que non prestou declaración até unha hora máis tarde. Posteriormente, sobre as 14.00 horas, foi posta en liberdade.

Á súa saída do xulgado, declarou ante os medios de comunicación que confía en que os demais membros do Goberno local tamén sexan postos en liberdade. "A xuíza decidiu deixarme en liberdade sen fianza, como lle vai a pasar aos meus compañeiros", augurou, tras sinalar que aínda segue "sen saber o que pasa" e o motivo da súa detención. Tamén asegurou non estar imputada.

Nas inmediacións dos xulgados lucenses atopábanse tamén moitos familiares dos detidos, que expresaron o seu "desánimo" pola situación na que quedan agora os tres restantes.

De momento, segundo fontes xudiciais consultadas por Europa Press, o resto dos detidos non pasarán a disposición da xuíza "probabelmente" até o xoves. A investigación céntrase en delitos relacionados con tráfico de influencias e prevaricación.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río