Manuel Vilas . O PP ameaza con fechar as oficinas de I+B e elimina o complemento autonómico de 200 euros aos pensionistas. Porén, o líder conservador asegura que nunca un Goberno Autonómico 'apostou tanto' polo gasto social en plena recesión.
Feixóo eludiu explicar o futuro das oficinas de Igualdade e Benestar (I+B), ameazadas pola falta dunha partida específica nos orzamentos do 2010 e polas declaracións da secretaría xeral, Susana López Abella, quen as cualificou de "oficinas de colocación de militantes" do BNG. Iso si, o presidente da Xunta presumiu de que nunca un Goberno "apostou tanto" polas políticas sociais en tempo de crise. Porén, o líder conservador apoiou a eliminación da paga de 200 euros anuais aos pensionistas, outras das medidas claves do bipartito no eido do benestar. Cuestionado pola prensa sobre a eliminación desta axuda e das oficinas de I+B, Feixóo tentou centrar a atención nos "orzamentos do Benestar". Segundo o mandatario, no 2010 a Xunta gastará un 5 por cento máis neste eido cando o orzamento global cae un 2,3 por cento. En todo caso, Feixóo admitiu que "se poden discutir prioridades" á hora de distribuír o gasto social, pero apoiou o anuncio da consellaría de Traballo de destinar os cartos da paga de 200 euros á creación de máis prazas en residencias de anciáns e persoas discapacitadas.
O presidente da Xunta no Parlamento.
Descargar Tarifas