PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O alcalde permanece en dependencias policiais
Pasa a disposición xudicial a edil detida en Castro de Rei

Europa Press A edil socialista Ana Campo, detida este luns xunto a outro concelleiro do mesmo partido, un terceiro de Terra Galega e o rexedor municipal, foi a primeira en pasar hoxe a disposición xudicial. O resto dos arrestados permanecen en dependencias policiais.

Reloxo 27.10.2009 | 12:54

Entrada xudicial no concello de Castro de Rei Entrada xudicial no concello de Castro de Rei. Xosé Marra

Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, sobre as 12h15 a concelleira foi trasladada ao Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, responsábel da investigación que levou este luns ao rexistro do consistorio.

Pola súa banda, tanto o alcalde de Castro de Rei, Xoán Xosé Díaz Valiño (PSdeG), como os outros dous edís arrestados, permanecen en dependencias policiais á espera de ser citados.

A titular do Xulgado de Instrución Número 3 lucense decretou o segredo de sumario, pero trascendeu que aos detidos se lles imputan delitos de prevaricación e trato de favor.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río