Europa Press . O PSdeG critica a ‘desvergoña’ do PPdeG por entrar a valorar o rexistro e posterior detención dalgúns membros do Concello de Castro de Rei sen que se confirmaran imputacións e lembra que, precisamente, este partido ten ‘no cárcere’ militantes por ‘uso fraudulento de fondos públicos’.
O PPdeG reclamoulle explicacións ao secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, e ao tamén dirixente socialista Ricardo Varela por "colocar" na Executiva do PSOE de Lugo a un alcalde "sospeitoso" de prevaricación e tráfico de influencias, en referencia a Xoán Xosé Díaz, detido tras un rexistro policial efectuado no Concello de Castro de Rei, do que é rexedor. A través dun comunicado, os socialistas subliñan que o ex secretario de Organización do PPdeG Pablo Crespo está imputado en relación coa trama de financiamento ilegal 'Gürtel' e lamenta a "falta de respecto" aos procesos xudiciais que evidencian, ao seu xuízo, os 'populares' ao pronunciarse sobre o caso de Castro de Rei cando se descoñece "se hai algunha imputación". Fronte a iso, o PSdeG aclara que, mentres non se confirme "o alcance" da operación, actuará respectando "a presunción de inocencia". A continuación, aconsella ao PPdeG que realice "un exercicio de coherencia" e aplique as súas "recomendacións" aos propios dirixentes.
Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG.
Descargar Tarifas