Europa Press . A Policía Nacional tamén se desprazou hoxe ao Concello de Cospeito tras o rexistro efectuado no consistorio do municipio de Castro de Rei por orde da titular do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, Estela San José.
A Lagoa de Cospeito, un dos humidais máis importantes de Galiza
Así o confirmaron a Europa Press fontes municipais, quen precisaron que, neste caso, os axentes se limitaron a recoller documentación pero non trasladaron a ningún membro do Concello de Cospeito a comisaría.
As mesmas fontes indicaron que os axentes acudiron ao consistorio de Cospeito –gobernado polo PP– logo de rexistrar o de Castro de Rei, cuxo rexedor –o socialista Xoán José Díaz Valiño– e outros tres edís si foron detidos e trasladados en coches patrulla á comisaría para prestar declaración.
Descargar Tarifas