
Imaxe referida a Camps que circula pola rede nas páxinas do País Valenciá
Xa o dixo Fraga: isto é só o inicio.
E se Correa canta?
Ímolo animar, cantar sempre é bo, mire por onde se mire. Así que temos preparado un breve repertorio de cancións para estimular o cante ao subxefe da trama de corrupción e de financiamento ilegal do PP e dos seus dirixentes.
Comecemos pois con un simpático tema, “Yo canto”, na voz inconfundíbel de Julio Iglesias, poeta popular que, interpretando como ninguén as ideas e desexos que hanlle estar pasando pola cabeza ao noso homenaxeado, lle di a Correa:
“Cantando estou
E ti sen saber...
…
A veces síntome moi só e quixera chorar,
E logo comprendo que fun eu que quixen cantar”
Escoitémolo aquí.
Tamén Laura Pausini ponse no pelexo do noso home, afirmando que “por iso, e polo que virá, Eu canto tranquilamente...”, nunha canción tamén titulada “Yo canto”, e non sei como non teñen problemas coa SGAE e co rexistro. Esta é a cantiga:
Outros que tamén colaboran con Correa para pasar o mal trago son os Violadores Del Verso, e abofé que o conseguen, violar. Despois de asumir o papel do popular, nos versos:
“É que cantando eu póñome moi ben.
A vida vai moito mellor,
Con tal de chegar a fin de mes...”
aconsellan:
“Chora... dime que collóns se valora...
Ven, imos facer un pacto”.
Platero y Tu, en “Al Cantar”, insisten en que “Ao cantar acostumo esquecer todos os malos momentos”.
Até do exterior chegaron reforzos, apoios solidarios, e o chinés Luo Zhi Xiang pregúntase “Como cantala se primeiro chorase” nun meloso tema denominado “Wo Bui Hui Chang Ge (Ita Sub)” que certamente será do gusto do Sr. Correa:
Por si algún máis se anima -sempre desde as trevas, como o que tira a pedra e esconde a man- a colaborar co xuíz Garzón e con Correa no cante, o brasileiro Thiago de Mello afirma en "Faz escuro mas eu canto":
“Faz escuro mas eu canto,
porque amanhã vai chegar.
Vem ter comigo companheiro, vai ser lindo...”
Mas vexo difícil que alguén máis o acompañe nos cantes futuros, dos que teremos boa noticia na prensa polanca, porque Rajoy e Camps xa dixeron que “Nem às paredes confesso”. Amalia Rodríguez xa se lles adiantara nun dos máis belos fados que existir puideron.
E se ao final cantan todos, nun autentico festival, a ver quen gaña e libra? Se o cante arranca con ritmo contaxioso, faise unha roda, comeza a pasar o asunto de un lado a outro, namentres o eleitorado alucina, sen entender que é o que pasa. Unicamente que sexa certo o palpite de Planet Hemp, que no seu tema “Queimando Tudo” afirma deles que “Eu canto assim porque fumo maconha”.
Descargar Tarifas