PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
O SENADOR POLEMIZA DE NOVO SOBRE O GÜRTEL
Fraga presume de non coñecer nin a Correa nin a Crespo

Europa Press Malia as fotos e as declaracións dos propios presos, o senador nomeado polo Parlamento de Galicia di que non sabe 'nin quen é' Francisco Correa e que non coñecía ao 'número dous' da trama corrupta e secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo, cando Fraga gobernaba o país.

Reloxo 17.10.2009 | 21:00
TAGS: Gürtel , Fraga , Crespo , Correa , PP ,

Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga. Andrés Panaro / ANT

Malia as fotos e as declaracións dos propios presos, o senador nomeado polo Parlamento de Galicia di que non sabe "nin quen é" Francisco Correa e que non coñecía ao 'número dous' da trama corrupta e secretario de Organización do PP galego Pablo Crespo cando Fraga gobernaba o país.

O senador do PP e ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, opina que a crise do seu partido orixinada pola investigación sobre a trama 'Gürtel' é a máis grave á que se enfrontou esta formación política, ao tempo que denuncia que a Policía foi instrumentalizada neste caso e os xuíces manipulados.

Nunha entrevista que publica hoxe o diario 'El País' que recolle Europa Press, Fraga considera que tanto o presidente do PP, Mariano Rajoy, como a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, o están a facer ben, mentres que, respecto ao xefe de Goberno da Comunidade Valenciana, Francisco Camps, cre que "foi maltratado".

Non obstante, subliñou que "é posible" que Camps se equivocara en certos aspectos, como "algunha cuestión como os famosos traxes", porque, "evidentemente, o dos regalos é un tema que hai que medir moito". "Non é o mesmo que lle regalen a un unha empanada a que che regalen uns traxes de primeira categoría", afirmou para despois engadir que, a pesar de todo, cree que "Camps salvarase".

Sobre o seu compañeiro no Senado e ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas, Fraga asegura que "nunca" o viu pola Cámara Alta, posto que o seu cargo no partido, que opina que non recuperará, fixo que "de paso" o fixesen senador.

Para o presidente fundador do PP, tanto a fiscalía como os xuíces "estiveron moi manipulados polo poder establecido" na investigación da trama dirixida por Francisco Correa. Á pregunta de se se ha instrumentalizado á Policía, Fraga responde: "Sen dúbida ningunha. Afírmoo".

"É evidente que foron utilizados para furgar en certas cousas. Dando certos datos e ocultando outros que fixeron moito dano. Pero iso aclararase no seu día", sinalou Fraga referíndose ás "próximas eleccións", aínda que non aclarou que quería dicir con esta afirmación.

Tras asegurar que non sabe "nin quen é" Francisco Correa e que non coñecía ao 'número dous' da trama corrupta e secretario de Organización do PP galego Pablo Crespo cando gobernaba na comunidade autónoma, o senador 'popular' sentenciou que el se dedica "a temas serios e non a mangancias".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río