PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O BNG láiase de falta de 'vontade política'
O PP vota en contra de organizar o Culturgal 2009

Redacción .  A deputada do Grupo Parlamentar do BNG Ana Pontón lamenta que o Partido Popular lle dea as costas ás industrias culturais galegas e impida sacar adiante unha proposición non de lei nacionalista que instaba á Xunta a organizar o Culturgal 2009 e manter o compromiso de estabelecer como sede estábel A Coruña.

Reloxo 16.10.2009 | 14:01

CulturGal CulturGal Ana Pontón explicou que o voto en contra dos populares responde á estratexia da Consellaría de Cultura de pór atrancos ao desenvolvemento da cultura do país en vez de adoptar medidas para o seu fomento e criticou que se ampare en escusas como a da falta de recursos, “pois é falso, o que hai é un problema de vontade política e/ou de capacidade de xestión”.

Neste sentido, afirmou que non se entende que nun momento de crise económica o que se faga sexa recortar e “minusvalorar” a cultura galega e a súa industria, en vez de apoiala e preguntouse se alguén entendería que esta mesma política se aplicara á industria automobilística, por exemplo.

Segundo Ana Pontón, a anterior consellaría si deixou orzamento, “o que deberá de explicar o executivo actual é por que a primeira decisión que tomou foi recortar 1 millón de euros de Agadic, sen que até o de agora se coñeza o seu destino, se están aforrando para que ou se ten a ver coa súa incapacidade para xestionar”, reiterou.

Consensuado por todo o sector

A deputada nacionalista lembrou que durante a pasada lexislatura e segundo dados do Observatorio Galego da Cultura, se incrementou o emprego no referido ás industrias culturais e aclarou que o Culturgal foi promovido pola consellaría pero consensuado con todo o sector, no seu deseño e definición, “polo tanto o sectarismo só está nas súas cabezas –dixo en alusión ao PP– e é o que sufriu este país durante todos os anos que gobernaron, o único período no que houbo listas negras, e que semella van volver sufrir moitos artistas novamente por non ser do Partido Popular”.

Pontón Mondelo insistiu na importancia do Culturgal para a vertebración do tecido industrial cultural do país e visibilizar a súa oferta e aos dados se remitiu, pois na súa segunda edición cuadriplicouse o número de visitantes e duplicáronse as expectativas da organización.

Ante a postura dos populares, a deputada anunciou que o BNG vai seguir levando este tema ao Parlamento na busca do apoio da Cámara ás industrias culturais do País fronte á “marxinalidade” que practica a consellaría.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río