PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Hispánica fixo o paseo da Rapadoira no 2004
As obras da trama Gürtel no concello de Foz

Europa Press O alcalde de Foz, o socialista Xosé María García Ribera, confirmou que a empresa madrileña Hispánica, implicada na trama Gürtel, foi contratada por Portos de Galicia no 2004, cando Pablo Crespo aínda formaba parte como vogal do consello de administración deste ente, para facer o paseo Laredo da praia da Rapadoira, neste municipio lucense.

Reloxo 16.10.2009 | 08:53
TAGS: Foz , Gürtel ,

Concello de Foz Concello de Foz. Grupo XEA

O alcalde asegurou que o Concello de Foz foi alleo a esta obra, pero recoñeceu que a firma madrileña foi contratada en réxime de UTE con outra empresa para acometer as obras da travesía de Foz.

García Ribera recordou que estes traballos se outorgaron, polo pleno municipal, no 2006 cos votos favorábeis do PSdeG e do PP, e a abstención do grupo municipal do BNG, que agora pide explicacións sobre estas contratacións.

García Ribera negou que o concello teña que ver en nada relacionado coa empresa madrileña, que segundo a parte coñecida do sumario do caso Gürtel, foi a que "máis pagou en comisións á trama corrupta dirixida por Correa".

O alcalde de Foz esta convencido de que estas aclaracións que piden os nacionalistas teñen como obxectivo "facer ruído", dado que subliñou que Hispánica tamén traballou na autovía A-8 en Ribadeo e na provincia de Lugo "en 45.000 sitios porque se lle adxudicaban obras".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río