PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
BLOG HELENA DOMÍNGUEZ
Helena
Domínguez
Xornalista
Tiberio Ávila
BCN dedícalle uns xardíns a un galego
A cidade de Barcelona ten por costume bautizar prazas e rúas en homenaxe ás persoas queridas e admiradas. Dende o pasado 3 de outubro, o vianés Tiberio Ávila, un dos fundadores do Centro Galego, dálle nome a uns xardinciños de Nou Barris.
 16.10.2009 | 11:14

O alcalde Jordi Hereu (á dereita), durante a inauguración dos xardíns Tiberio Ávila O alcalde Jordi Hereu (á dereita), durante a inauguración dos xardíns Tiberio Ávila. H.D. Esquerda   1 / 3  Dereita  

Nou Barris é probablemente un dos distritos máis galegos de Barcelona. Por ter, ata ten a súa propia festa do San Froilán, con cocedoiros de polbo, verbena e actuacións de grupos de danza tradicional. A pegada galega chega mesmo ao nomenclator do barrio, que conta con cadansúa praciña dedicadas a Cunqueiro, Otero Pedrayo e Castelao.

Agora, o polifacético Tiberio Ávila, xurista, pintor e político, tamén ten o seu nome gravado nunha placa nun xardinciño situado ao final da rúa Fabra i Puig. Nacido en Viana do Bolo en 1843, Ávila chegou á capital catalá para ocupar unha praza de profesor na Escola de Belas Artes, despois de ter estudado Farmacia en Madrid. En 1892  fundou, xunto con outras persoas, o Centro Galego de Barcelona, unha das principais razóns que motivaron a homenaxe; pero non a única, xa que o vianés participou activamente na política local, primeiro como deputado pola provincia de Barcelona e logo como rexedor municipal.

Durante o acto institucional de descuberta da placa,  o alcalde Jordi Hereu fixo extensible o recoñecemento a Tiberio Ávila a toda a comunidade galega, “xente traballadora e emprendedora”, “que axudou a construír e construirá a Barcelona do futuro” (todos os políticos cataláns din o mesmo, cando se refiren á emigración galega). “Barcelona quérelle a Galicia”, asegurou o edil, e amosou a súa admiración por un “pobo que soubo estar en todo o mundo, establecendo un fondo arraigo, pero sen esquecer a súa terra e mantendo unha fidelidade ás súas orixes”.

Poñendo como exemplo ao president Montilla, Jordi Hereu dixo sentirse orgulloso da capacidade de Cataluña para acoller ás xentes chegadas de todas partes do mundo: “que Tiberio Ávila fose concelleiro de Barcelona tamén di moito deste país, onde as persoas acaban sendo representantes naturais dos cidadáns, independentemente do seu lugar de nacemento”, asegurou.

Á inauguración dos xardíns asistiron un cento de persoas, entre as que se atopaba o presidente da Deputación de Lugo, Gómez Besteiro, de visita na cidade condal co gallo da da celebración do San Froilán de Nou Barris, un familiar do homenaxeado e varios representantes das entidades galegas de Cataluña.

 

 

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río