PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
E doutras iniciativas de software libre
Rueda confirma o desmantelamento de Mancomún

Redacción .  En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Ana Luísa Bouza, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, confirmou o desmantelamento por parte do Goberno do Partido Popular de Mancomún e das demais iniciativas de apoio ao software libre que puxo en marcha o Goberno bipartito.

Reloxo 14.10.2009 | 18:33

Alfonso Rueda con Alberte Núñez Feixóo no Pleno celebrado hoxe Alfonso Rueda con Alberte Núñez Feixóo no Pleno celebrado hoxe. AGN O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, laiouse no Pleno de que os 500.000 euros destinados a Mancomún –organismo que aglutinaba as iniciativas de apoio da Xunta de Galiza ao software libre– “supuñan un custo excesivo”, segundo o Partido Popular, para as arcas da administración galega. O responsábel de Presidencia non asumiu ningún compromiso concreto co sector e cos traballadores e traballadoras despedidos.

Ana Luísa Bouza salientou que o Goberno bipartito, fundamentalmente a través da Consellaría de Innovación e Industria, “fixo unha aposta estratéxica polo desenvolvemento da sociedade da información e do software libre en Galiza”.

Neste sentido, salientou que “o éxito é incontestábel: en apenas dous anos conseguiuse alfabetizar dixitalmente máis de 26.000 persoas, atraéronse novos talentos científicos evitando a fuxida de cerebros; conseguimos que o 10 por cento das empresas galegas utilicen software libre e que o seu uso se multiplicara por tres nas escolas e que Galiza sexa líder no Estado nalgunhas áreas tecnolóxicas”. “Todo isto foi recoñecido pola propia ONU”, engadiu.

Fin das iniciativas

Con todo, a deputada do BNG denunciou que o pasado 14 de setembro o Goberno do PP despediu  sete persoas relacionadas con Mancomún.  Ademais, alertou de que “recentemente fixeron un aviso de despedimento a máis de 100 traballadores e traballadoras da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e do Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza” que viñan traballando en iniciativas de extensión da sociedade da información.

Ana Luisa Bouza subliñou que “estes traballadores e traballadoras, aos que o Goberno do PP lles avisou do remate do seu contrato por obra e servizo o vindeiro 31 de decembro, son persoal técnico, non de carácter politíco, co que estamos ante despedimentos improcedentes”.

Neste sentido, a parlamentaria do BNG preguntouse “como se van manter as políticas de apoio ao software libre con estes despedimentos” e advertiu se “isto non constitúe unha escusa para realizar os contratos con Microsoft”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río