PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
NA EXECUTIVA GALEGA E EX-LÍDER NA ARXENTINA
Un vogal actual do PPdeG cobrou do Gürtel en 2004

Manuel Vilas As relacións entre a trama Gürtel e o Partido Popular chegan até Arxentina. Na memoria portátil incautada ao contábel do grupo, José Luís Izquierdo, figura un pago en diñeiro negro a Arturo González Gil, vogal da emigración na Executiva do PPdeG, cando este empresario era presidente do PP na Arxentina.

Reloxo 14.10.2009 | 07:56

Arturo González Gil, á esquerda, nun mitin con Raxoi en Arxentina Arturo González Gil, á esquerda, nun mitin con Raxoi en Arxentina

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

En concreto, no lapis de memoria coas 'contas B' de Izquierdo atopouse “un apunte de pago ao presidente del PP en Argentina (Arturo González Gil) por valor de 1.620 euros”, destaca a Policía no seu informe do primeiro interrogatorio ao contábel, que segue imputado.

O  Gürtel ofrecía viaxes a líderes do PP

Nun interrogatorio posterior, o xuíz cuestiona a Izquierdo sobre este pago, pero o contable non é quen de apuntar máis detalles, salvo que se realizou unha viaxe por parte de alguén do PP ao país austral nesas datas.

Cómpre lembrar que unha das empresas da trama, Pasadena Viajes, era utilizada por Francisco Correa e Pablo Crespo para agasallar viaxes a altos cargos conservadores cos que facían negocios como, por exemplo, Alejandro Agag, o xenro do ex-presidente Jose María Aznar.

Directivo con Baltar e na Executiva galega de Feixóo

O beneficiario do pago, efectuado en negro segundo a declaración de Izquierdo, foi o líder do PP arxentino dente 2002 até novembro de 2006. Arturo González Gil continúa a militar no PP. De feito, é directivo dos conservadores galegos, pois é vogal da emigración do Comité Executivo de Ourense, segundo figura na súa web.

Os 'populares' escollérono para o mesmo cargo (vogal da emigración) no XIII Congreso do PPdeGalicia, cando Alberte Nuñez Feixóo substituiu a Fraga á fronte do partido.

A presencia do nome de Gil no sumario desmonta un dos argumentos de defensa que está a empregar o PP. Os conservadores aseguran que ningún dos seus directivos actuais aparece citado no sumario.

Medalla de Galicia con Fraga e directivo con Raxoi no Estado

En 2002, Manuel Fraga entregoulle a Gil unha das Medallas de Galicia na súa condición de presidente do Centro Partido de Carballiño de Bos Aires Aires, cidade a que emigrou en 1961 dende O Irixo (Ourense).

Este empresario tamén foi membro da Executiva estatal do PP liderada por Mariano Raxoi, pero foi un nomeamento temporal nunha quenda dun ano en representación da emigración arxentina.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río