PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
DECLARACIÓN DO CONTÁBEL DA TRAMA
Cronoloxía dos pagos do PPdeG ao Gürtel

Manuel Vilas O PP de Galicia segue a defenderse dicindo que non houbo relación coa trama Gürtel dende 1999, cando Pablo Crespo, hoxe en prisión, abandonou a secretaría de organización. Porén, unha memoria portátil incautada ao contábel do conglomerado de empresas de Crespo proba que os conservadores galegos traballaron coas firmas da trama até, polo menos, 2001.

Reloxo 13.10.2009 | 06:43
TAGS: gürtel , PPdeG , Crespo , Feixóo ,

Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga. Andrés Panaro / ANT

O sumario recolle un interrogatorio da Unidade Especial de Delincuencia Económica y Fiscal da Policía ao contábel José Luís Izquierdo López, documento que hoxe publica integramente A Nosa Terra.

Nel, Izquierdo López confesa que, por indicación de Crespo, levaba un “control de pagos realizado con diñeiro da Caixa B” nunha memoria portátil. O imputado tamén recoñece que “as indicacións para facer os apuntes desas contas, tamén llas daba Pablo (...) o declarante anotábaas nun papel, pasábaas a un arquivo de Excell e logo destruía o papel”.

O contábel describe un por un os arquivos do 'pen drive' que atoparon os axentes na súa casa, trebello que Izquierdo tentou ocultar porque contén, segundo lle confesou despois ao xuíz, información “delicada” e “comprometida”.

De feito, foi Crespo quen lle ordenou a Izquierdo levar a memoria portátil sempre con el, ante o temor a un rexistro. Estes son os arquivos da memoria portatil directamente relacionados co PP de Galicia:

  • “Pagos. Proveedroes. Elecciones Gallegas 97”: recolle “pagos en A por importe de 15.596.000 pesetas aproximadamente e pagos en B por importe de 1.350.000 pesetas”.
  • “Saldo pendiente PP Galicia”: sobre o importe da campaña de 1997, cun gasto de 148 millóns de pesetas e dous saldos pedentes de 16 millóns de pesetas.
  • “Gastos elecciones gallegas año 97”: inclúe un total de 7,4 millóns de gastos en distintos conceptos, cunha “propina a Jesús Antolín de 40.000 pesetas”.
  • “Acto NNGG SGO COMPOSTELA”; anotación do 25 de Abril de 1998, sobre un acto das mocidades conservadores na capital do país, con indicacións de provedores e custes.
  • “Campaña Gallega 99”: inclúe un cadro de “facturas pendentes de cobro desa campaña”.
  • “Caja HPC- Caja Madrid”: anotación do 19 de Novembro de 2001, sobre “ingreso de eleccións galegas e Plácido Vázquez corenta millóns de pesetas”.
  • “Campaña Gallega 01”: inclúe “informe económico de ingresos e gastos” dos citados comicios, os últimos que gañou por maioría absoluta Manuel Fraga.
  • “Gastos vacas locas”, referido ao 2001, sobre “campaña da Xunta de Galicia a favor do consumo de carne de vacún ano 2001” e inclúe “listado de gasto de personal de empresa, por importe de 889.000 pesetas”.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río