PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Caso Gürtel en Galiza
A Deputación de Lugo traballou con Teconsa na época de Cacharro (PP)

Redacción .  O portavoz provincial do grupo socialista, Antonio Gato, avisou de que 'algunhas adxudicacións que noutras épocas fixo a Deputación de Lugo no campus universitario, Teconsa foi a adxudicataria', en referencia á época do 'popular' Francisco Cacharro.

Reloxo 10.10.2009 | 10:04

Francisco Cacharro Pardo, ex presidente da Deputación de Lugo. Francisco Cacharro Pardo, ex presidente da Deputación de Lugo.. ANT Esta firma leonesa está sendo investigada pola presunta concesión de comisións a través da rede corrupta 'Gürtel' pola adxudicación polo Goberno de Castela e León de obras na autoestrada do Camiño de Santiago, na comunidade castelá.

"Remontándonos, un pouco máis atrás, esas empresas de Martínez Núñez e Martínez Parra que están vinculadas ao asunto Gürtel tamén realizaron obra pública, a través da Xunta, co Parador de Portomarín", afirmou o dirixente socialista. "Non quero eu afirmar que iso teña vinculación, está aí, pero si é un feito que se constata", agregou.

Moción

Por outra banda, o portavoz do grupo socialista na Deputación de Pontevedra, Emilio González Iglesias, presentou unha moción na que pregunta se o ente provincial ou o seu presidente tivo "algunha relación coas empresas da trama Gürtel".

Ante o levantamento parcial do segredo de sumario deste caso, os cidadáns "empezan a comprobar como esta rede de corrupcións ao redor do PP non só queda en Madrid ou Valencia", indicou na súa exposición, no que recorda que "ten o seu nacemento en Galiza na época en que un dos acusados foi secretario de Organización do PPdeG", en relación a Pablo Crespo.

De feito, apunta, as empresas implicadas "seguiron traballando en Galiza, facendo traballos para a Xunta e para o PP de Pontevedra" e indicou que unha das características desta rede corrupta "son as súas vinculacións entre as administracións gobernadas polo Partido Popular e máis o propio partido".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río