PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Caso Gürtel
Feixóo: 'O PP ten que tomar decisións'

Europa Press O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, cualificou hoxe de 'correcta' a decisión da presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, de botar do Grupo Popular de Madrid os tres deputados autonómicos que están imputados no 'caso Gürtel'. 'Se hai persoas que se aproveitaron e se lucraron da súa pertenza a un partido político, ese partido ten que apartalos', aclarou.

Reloxo 09.10.2009 | 11:54

Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta. Pepe Ferrín / AGN Ao ser preguntado se na Comunidade Valenciana tamén deberían tomarse medidas, sinalou que o partido "ten que tomar decisións". "Creo que o partido o que ha de facer é dar unha sensación de axilidade. Tamén é certo que o que pedimos nun mínimo de respecto e de rigor para poder facelo", explicou en declaracións á Cadea Ser recollidas por Europa Press.

Por outra banda, o dirixente 'popular' indicou que o PP non tivo "todos os datos para poder tomar decisións" xa que, ao seu xuízo, a información foise coñecendo "sucesivamente" a través dos medios de comunicación e "parcialmente". "E todo isto produce, sen ningunha dúbida, perplexidade", salientou.

Neste sentido, puxo de manifesto que "a medida que se vai coñecendo esa información estanse producindo decisións". "Houbo decisións en concellos importantes da Comunidade de Madrid apartando os seus alcaldes ou concelleiros, houbo agora decisións na Comunidade de Madrid, e houbo tamén un xuízo na Comunidade de Valencia", insistiu.

Así mesmo, pediu "ter coñecemento en tempo e forma das cousas que ocorren" para poder "tomar decisións coa tranquilidade e o acougo que supón o ter as cousas claras".

Crespo foi apartado hai dez anos

Finalmente, Feixóo criticou que lle pidan explicacións a el sobre irregularidades no financiamento do PP galego entre 1996 e mediados de 1999. "Que me digan que estou implicado nunha trama dun partido en que nin sequera estaba nos seus órganos de dirección porque non era militante, é cando menos sorprendente", engadiu.

Sobre o ex secretario de organización do PP galego, Pablo Crespo, o presidente da Xunta dixo que Crespo foi apartado do partido "hai 10 anos" e que "a partir do ano 1999 non tivo ningunha relación co PP de Galicia".

"O señor Pablo Crespo presentou a súa dimisión do Consello de Administración ás poucas semanas de chegar eu á consellaría e, polo tanto, non volveu participar porque dimitiu e está rexistrada a súa dimisión", concluíu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río