Redacción . A presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, anunciou a saída do Grupo Parlamentario Popular dos tres deputados imputados na trama Gürtel, Alberto López Vello, Alfonso Bosch Tejedor e Benjamín Martín Vasco, e confirmou que non remodelará o Goberno de forma inmediata.
Esperanza Aguirre pediulle aos deputados imputados que devolvan as súas actas, pero eles decidiron conservalas, o que supón que pasarán a formar parte do grupo mixto. Aguirre sinalou que a "decisión é a mellor para o PP" e recordou que a acta "non é propiedade do partido". "Quero comunicarlles que os tres deputados do grupo parlamentario popular imputados no caso que se deu en chamar Gürtel comunicáronme a súa decisión de abandonar o grupo parlamentario popular desde este mesmo momento", anunciou a presidenta nos corredores da Asemblea de Madrid. "Así mesmo esta decisión comuniqueilla aos ex alcaldes de Boadilla e Pozuelo, os señores González e Sepúlveda, que tamén me comunicaron a súa decisión de facer o propio co grupo municipal popular", continuou Aguirre ante a multitude de medios que se congregaron no Parlamento rexional. Segundo a presidenta, estes deputados "entenden que, o mesmo que pediron no seu día a suspensión temporal de militancia, piden a baixa no grupo parlamentario popular para non prexudicar o partido", o que a xuízo de Esperanza Aguirre supón "sen dúbida a mellor decisión política para o partido".
Esperanza Aguirre.
Descargar Tarifas