PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Presenta o seu último libro sobre Piñeiro
Miguel Barros: 'É un intento de abrir a doutrina do galeguismo'

Redacción .  Esta tarde, ás 20h00, preséntase en Compostela o libro 'Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo' de Miguel Barros, na Fundación Caixa Galicia, situada na rúa do Vilar. Neste acto, ademais do autor, intervirán Víctor Freixanes, Ramón Villares, Xusto Beramendi e Ramón Maiz.

Reloxo 08.10.2009 | 17:09

Miguel Barros Miguel Barros. Paco Vilabarros

A obra, editada por Galaxia, recolle unha parte fundamental da investigación de Miguel Barros (Cotobade, 1944) sobre o pensamento de Ramón Piñeiro e da súa contribución política á construción da autonomía galega. O autor, que durante anos recompilou documentación sobre Piñeiro como base da súa tese de doutoramento, tamén publicou en Edicións A Nosa Terra 'Ramón Piñeiro. Nas olladas do galeguismo'.
 
Cal é a visión que ten Piñeiro do nacionalismo?
 
A revisión do ideario de Ramón Piñeiro obedece a un intento de abrir a doutrina do galeguismo como concepto político, de toma de conciencia de ser dun pobo e activar a vontade de construír a súa propia historia.
 
Que distincións fai Piñeiro?
 
A problemática que acomete Piñeiro e a distinción do nacionalismo e do galeguismo como ideal propoñendo substituír unha serie de conceptos como autodeterminación, estado fronte a conciencia do idioma e federación, integración nunha comunidade diversa.
 
Por iso ten sentido o revisionismo?
 
Ten sentido porque Piñeiro ofrece unha distinción entre conceptos que até ese instante estaban diluídos e eran un tanto difusos. O revisionismo de Piñeiro vén avaliado por ofertar unha nova visión distinta até a que se tiña nese instante.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río