PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
MALIA OS CONTRATOS MÁIS RECENTES DE NEGREIRA E LOUZÁN A FIRMAS IMPUTADAS
Feixóo enrócase en que o Gürtel en Galiza rematou hai dez anos

Europa Press O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, dixo onte que as posíbeis irregularidades no financiamento do seu partido en Galiza que aparecen no sumario do 'caso Gürtel' son "cuestións de hai 10 anos" e resaltou que ningún membro da actual executiva do partido estaba implicado.

Reloxo 07.10.2009 | 07:58
TAGS: GÜRTEL , fEIXÓO ,

Levantamento de sumario do caso Gürtel. EP

"Nós xa sabiamos que algún implicado nese caso foi responsábel de organización do PP hai 10 anos. E, polo tanto, dende hai xa moitos meses sabiamos que ese responsábel ten que dar contas das súas actuacións ante a xustiza, e paréceme moi ben que as dea", dixo Núñez Feixoo en referencia a Pablo Crespo, ex secretario de organización do PP galego e número 'dous' do cerebro da trama "Gürtel".

"Estamos a falar de cuestións de hai 10 anos, e para iso esa persoa está a render nestes momentos as súas responsabilidades ante a xustiza", sinalou.

"Non soamente é pasado, senón que ningún membro do comité executivo do Partido Popular formaba parte hai 10 anos desa situación", insistiu o presidente da Xunta en declaracións á prensa antes de inaugurar unha exposición sobre o Camiño de Santiago no Parlamento Europeo.

"Todo o que se publicou até agora xa o coñeciamos, non hai ningunha novidade", concluíu Núñez Feixóo, que descartou que sexa necesario abrir unha investigación sobre o financiamento do PP galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río