PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
MALIA OS INFORMES DA POLICÍA E DOS XUÍCES
O PPdeG teima en que o Gürtel galego é unha montaxe socialista

Europa Press O portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, reiterou hoxe que o partido que lidera Alberte Núñez Feixóo non ten 'nada que ver' co 'caso Gürtel' e negouse a falar de 'política ficción'. 'Só daremos explicacións se se concretan feitos, pero mentres que isto non ocorra, non hai nada de que falar', indicou.

Reloxo 06.10.2009 | 16:48

Antonio Rodríguez Miranda Antonio Rodríguez Miranda. Jessica Barcala/AGN

Nunha rolda de prensa celebrada na sede rexional do partido, Rodríguez Miranda eludiu profundar nas acusacións vertidas por dirixentes do PSdeG, que vinculan o PP galego con empresas da trama de financiamento ilegal, e preguntouse "cal é o interes" da oposición en intentar "trasladar a Galiza" un caso "que ten o seu epicentro bastante lonxe dos límites xeográficos da comunidade".

"Quizais situacións que afloran no seu propio financiamento", interpretou o dirixente 'popular' e apuntou ao caso da axente electoral, convencido de que o PSOE esfórzase en relacionar o PPdeG co 'Gürtel' para "desviar a atención" sobre este caso, que segue o seu percorrido xudicial.

Neste punto, Rodríguez Miranda reiterou que o PPdeG non ten "nada que ver" coa trama 'Gürtel' e avisou de que o PSdeG "debería pensar" se "alguén" dentro das súas filas "ten que responder por financiamento ilegal". "Manuel Vázquez debería mirar moi perto", advertiulle ao líder socialista e aconsellou á tamén dirixente do PSdeG Mar Barcón que vixíe "os seus compañeiros de viaxe".

"Se cadra non o queren ver e por iso envíase a Madrid", indicou en referencia ao secretario de Organización do PSdeG e recentemente nomeado senador por designación autonómica, Pablo García, a quen os 'populares' sitúan como enlace entre o PSOE e a suposta axente electoral María Isabel Blanco.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río