Redacción . O sumario do caso Gürtel, entregado hoxe a varias das partes, recolle diferentes cartas intervidas ao segundo da trama, Pablo Crespo, nas que este se di 'vítima dunha montaxe política' e reclama o desbloqueo das contas das sociedades da presunta rede corrupta.
Así, a parte do sumario sobre a que se levantou o segredo inclúe entre os seus 17.000 folios, aos que tivo acceso Europa Press, unha decena de misivas que Crespo enviou a diferentes persoas próximas durante a súa estancia no cárcere de Soto del Real, onde ingresou o 12 de febreiro, así como as cartas recibidas. Nunha das cartas, do 25 de febreiro, dirixida á tamén imputada Mónica Magariños, apoderada de Orange Market e conselleira de Easy Concept, Crespo sinala: "Todo isto acabará nalgún momento. Estamos metidos nunha especie de maremágnum político e somos o boneco ao que todo o mundo lle dá golpes". Así, intenta tranquilizarlle e pídelle que non tema polo seu futuro. "En primeiro lugar, ti non cometiches delito ou falta de ningún tipo e aí estarei eu sempre para dicilo onde faga falta", escribe Crespo.
Pablo Crespo, ex-número 3 do PPdeG e vogal de Portos até 2005
Descargar Tarifas