PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
PRESUNTO DELITO ELECTORAL
Fraga sabía dos pagos electorais en negro ao Gürtel

Manuel Vilas O Gürtel chega a Galiza coa mesma intensidade que en Madrid o en Valencia. O levantamento parcial do segredo do sumario revela que o hoxe senador Manuel Fraga estaba informado das irregularidades no financiamento das campañas conservadoras até 1999. Trataríase dun delito electoral, que prescribe aos dez anos.

Reloxo 06.10.2009 | 14:15
TAGS: gürtel , PP , Crespo , Negreira , Portos ,

Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga. Andrés Panaro / ANT

A información procede dunha conversa intervida no cárcere a Pablo Crespo, número tres do PPdeG entre 1996 e 1999. Nela Crespo, ex-vogal de Portos de Galicia até 2005, admite ter remitido unha carta a Manuel Fraga na que lle dá conta da súa xestión contábel do partido.

Crespo tamén se mostra preocupado nunha conversa co seu avogado pola caixa de seguridade nunha entidade de Pontevedra. Nela, ocultaba os documentos do financiamento ilegal do PP até 1999.

A Policía finalmente atopou a caixa e no informe correspondente os axentes indicam que os conservadores pagaban en negro a metade dos seus gastos electorais (máis de tres millóns de euros) realizados por empresas do tamén preso Francisco Correa.O avogado de Crespo infórmalle que eses delitos poderían non estar prescritos, ao ser unha infracción electoral que prescribe aos dez anos.

O feito de que Fraga (senador por designación do Parlamento de Galicia e presidente de honra do PPdeG) estivera ao tanto das irregularidades e que o delito non estea prescrito podería desmontar definitivamente o principal argumento da actual dirección do PP.

Alberte Núñez Feixóo ten presumido que non hai Gürtel en Galiza pois ningún dirixente actual dos conservadores estaba ao tanto dos presuntos delitos.

O sumario tamén mostra que as empresas da trama de Crespo e Correa traballaron para o PP estatal até 2005. Até ese ano Crespo foi vogal de Portos de Galicia, baixo a presidencia de Carlos Negreira (líder do PP da Coruña). Nese periodo Portos adxudicou varios contratos a Constructora Hispánica, sociedade tamén imputada por tráfico de influencias, nos que o Consello de Contas atopou graves irregularidades. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río