Redacción . O 'Caso Gürtel' salpica tamén ás filas populares de Castela e León, comunidade gobernada polo PP, que viu como favores na construción quedaban relacionados economicamente co nome de Francisco Correa.
O presidente do Parlamento leonés, José Manuel Fernández Santiago.
Ademais de Madrid, Valencia e Galiza, o “Caso Gürtel” aféctalle agora a Castela e León. Un novo informe policial remitido ao Tribunal Superior de Xustiza de Madrid implica a José Manuel Fernández Santiago, actual presidente do parlamento de Castela e León e ex conselleiro de Fomento, nunha adxudicación amañada con repartición de comisións ilegais, segundo publica El País.
A construtora Teconsa pagoulle unha comisión de 73.655 euros ao xefe da trama de corrupción, Francisco Correa pola adxudicación dun concurso en Castela e León para construír un tramo da variante de Olleros de Alba por 2.847.959 euros.
Francisco Correa, segundo indica o citado medio, fixo partícipes do botín a distintos dirixentes populares, entre eles o que fose tesoureiro do PP, Luis Bárcenas.
Descargar Tarifas