Redacción . Martinsa Fadesa foi autorizada a pagar unha débeda de 6 millóns de euros ao Concello de Colmenar de Oreja (Madrid) para evitar perder 'en prexuízo de todos os acredores' da inmobiliaria en concurso, a plusvalía latente nuns terreos comprados en 2005 e valorados nun 293 millóns de euros.
Esta decisión estabeleceuna o xuíz que tramita o proceso concursal da empresa que controla e preside Fernando Martín, argumentando que o feito de non pagar a débeda podería levar ao consistorio do concello madrileño a excluír os terreos do seu Plan de Ordenación Urbana, e pasarían a ser clasificados como 'non urbanizabéis'. Segundo o auto do xuíz, isto tería “efectos devastadores para o patrimonio da concursada, que é en definitiva a garantía do cobro de créditos dos acredores, posto que perderían todo o seu valor uns terreos que, en función das súas perspectivas urbanísticas, foron taxados en xullo de 2009 en case 300 millóns de euros”. O documento sinala que se perderían as plusvalías previstas polos terreos e calquera oportunidade de negocio sobre os mesmos, salvo para usos agrícolas ou gandeiros. O xuíz xustifica desta forma a súa decisión de autorizar á inmobiliaria a pagar esta débeda antes de que Martinsa, que protagonizou á maior declaración de concurso da historia cun pasivo de 7.000 millóns de euros, peche a fase común do seu proceso concursal e incluso alcance un acordo sobre a súa proposta de pago acredores. O pago farase con cargo ao importe que Martinsa ten á súa vez pendente de cobrar de Rodonita, unha das empresas coas que a inmobiliaria concursada ten acordos para vender a futura edificabilidade dos terreos, que ascende a 730.194 metros cadrados. Martinsa Fadesa, segundo o auto xudicial, mercou en 2005 ao Concello de Colmenar de Oreja esta finca, de 150 hectáreas, entonces clasificada como solo non urbanizábel. Non embargante estaba incluída no PXOU do municipio, aprobado provisionalmente polo consistorio e pendente de tramitación na Comunidade de Madrid. No momento no que o plan se aprobara definitivamente o terreo converteríase en urbanizábel e daría ao seu propietario dereito a edificar os 730.194 metros cadrados. do prezo acordado no Concello, Martinsa ten pendentes de pagar 25,55 millóns de euros, dos que seis millóns debían pagarse no momento da aprobación provisional do plan, aprobación que xa de fixo.
Sede de Martinsa-Fadesa na Coruña.
Descargar Tarifas