Redacción . Prolingua celebra a súa Asemblea Constituínte este sábado en Santiago como unha ferramenta plural para defender o idioma.
Trátase dunha plataforma independente que recolle as súas adhesións a través de internet. Nela hai militantes do PP, como Rafael Cuíña, do PSdeG, como José Rodríguez Pardo e dirixentes históricos do nacionalismos, como Xosé Manuel Beiras ou Camilo Nogueira. Todos eles asistiron onte ao acto organizado na Facultade de Filoloxía de Santiago. Esta diversidade é unha das súas principais bazas para rebater o recorte da promoción do galego que xa está a executar a nova Xunta do PP. Este é un dos motivos polos que Prolingua non conta cun voceiro oficial como é común noutras iniciativas cidadáns.
Descargar Tarifas