PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
DECISIÓN CAUTELAR DO TXSG
Un alto cargo da Voz pediu a suspensión eólica

Redacción .  O vicepresidente de La Voz de Galicia, José María Castellano, é un dos socios da empresa que acaba de lograr que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) suspenda cautelarmente o concurso eólico do bipartito.

Reloxo 03.10.2009 | 09:49

Parque Eólico de Cabo Vilán, feito por Fenosa nos gobernos de Manuel Fraga Parque Eólico de Cabo Vilán, feito por Fenosa nos gobernos de Manuel Fraga Muíños de Vento Galegos (Muvega) está dirixida polo empresario José Lorenzo Cotelo, quen solicitara máis de 400 megawatios, segundo publica hoxe a edición galega de El País.

Por outra parte, o presidente da patronal galega aplaudiu a decisión do xulgado. Decisión que non declara ilegal o proceso deseñado polo ex-conselleiro Fernando Blanco, pero que o suspende até tomar unha solución definitiva.

Así o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, comparou o concurso eólico posto en marcha polo anterior Goberno da Xunta cunha "especie de novela por entregas", na que "ao final se descobre que tiña algo de ilegal", recolle Europa Press.

O responsable da patronal galega censurou a forma "apresurada e con pouco rigor" na que se decidiron as admisións a trámite na etapa do bipartito e recordou que os representantes de consellerías socialistas "se ergueron" da mesa que avaliaba os proxectos.

"Tiñamos todos serias dúbidas", afirmou, respecto á legalidade do proceso e sinalou que a CEG "xa o criticou" no seu momento. "É unha pena que perderamos estes meses", lamentou.

Agora ten "esperanza", tras manter onte unha conversación co conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de que o proxecto que está en marcha para establecer unha lei que regule o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia "fará recuperar o tempo perdido".

Guerra presumiu onte de que a decisión provisional do TXSG dálle razón ao novo Goberno conservador no seu plan de derrogar o concurso do bipartito e organizar un novo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río