PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Segundo informou o TSXG
A suspensión do concurso eólico é 'provisional e non definitiva'

Redacción .  A Xunta non se opuxo até o de agora á medida, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lémbralle que pode recorrela até o próximo 6 de outubro.

Reloxo 02.10.2009 | 19:29

Miguel Anxel Cadenas, presidente do TXSG Miguel Anxel Cadenas, presidente do TXSG. AGN O TSXG emitiu hoxe unha nota de prensa na que lembra que a “suspensión do concurso eólico é provisional e non definitiva”. As partes teñen de prazo até o próximo martes para interpoñer un recurso. Ademais, e de forma bastante expresiva, o TSXG apunta que “a Xunta non se opuxo até o momento á medida cautelar adoptada”.

O comunicado do Tribunal vén a apoiar as declaracións do ex-conselleiro de Industria, Fernando Blanco, nas que criticaba que a Xunta non defendese o proceso como ten feito noutras ocasións. De feito, o TSXG conclúe afirmando que “unha vez transcorrido o prazo e no caso de que se presente algún recurso, adoptarase a resolución definitiva”. Estas declaracións matizadas contrastan coa seguridade amosada por Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta, e a Consellería de Industria, que ao longo do día de hoxe interpretaron a resolución xudicial como un aval á súa política eólica.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río